sábado, 30 de junio de 2012

IV ANDAINA DE ARMARIZ

O sábado, 4 de agosto, a A.VV. San Cristovo de Armariz celebrará a IV Edición da súa andaina. Este ano farao en solidariedade coa Asociación Down Ourense á que se lle entregará a metade da cota de inscrición recadada. O percorrido farase ó longo de 9 kms. por antigos sendeiros próximos ó pobo e mailo río, transcorrendo por lugares de interese como unha igrexa románica do século XI ou un peto de ánimas, saíndo do “Souto de San Ramón” ás 9:30 horas. Ó remate haberá auga e bocadillos para os participantes e sortearanse varios agasallos doados por varias casas comerciais que colaboran desinteresadamente coa Asociación.

 

3 comentarios:

  1. Una duda: ¿Cómo realizamos la inscripción?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En apuntate,rellenas el formulario con los datos y ya está,el importe se abona en la salida

      Eliminar
  2. Noraboa! Xa ides pola 4ª Edición e mellorando cada unha delas. Agardo que a participación vos corresponda ao esforzo realizado.

    ResponderEliminar